Garza lanzará o seu novo disco titulado No Limiar (Ferror Records) nesta primavera de 2025. Este disco chega tras os seus traballos anteriores, Alborada, Interferencias e Vertentes. No Limiar continúa a liña de Vertentes, experimentando con texturas, ritmos e paisaxes sonoros que son unha constante no seu traballo. Co novo álbum, Garza segue buscando unha reinvención sonora, a través da multiinstrumentación e a intensidade emocional dos temas. As letras, que son pequenos poemas en galego, complementan esta proposta, engadindo unha capa lírica que invita á reflexión e ao sentimento persoal de cada oínte. Paisaxes sonoras cheas de matices, que xogan coa luz e a sombra de maneira sutil, coma sempre en Garza.
No Limiar terá edición dixital e edición física en formato cassette, formato no que tamén se farán reedicións dos seus anteriores traballos.
Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.