Ulo amor? from Despegando by Dolfin Acoustic
Tracklist
3. | Ulo amor? | 3:01 |
Lyrics
A ver, mundo, cóntame que che pasa,
son tempos de loita, de paz escasa,
demasiada violencia e sangue en masa,
bombas, disparos, o lume todo arrasa
Tratábase de deter aos malos,
pero os malos tán na casa ben coidados
mandándolles recados aos refuxiados
en forma de avionetas e soldados
Refrán
---
Xente matando xente morrendo
nenos feridos pouco contentos
Leva á practica o que dis
ponlle a esta guerra fin
Oh deus,deus,axudanooos
mandanos algo de enriba
porque a xente estame a preguntar
Ulo o amor? (amor)
Ulo o amor? (amor)
Ulo o amor? (amor)
Ulo o amor,
amor,amor?
---
O mundo está cheo de linguas diferentes
non teñas medo se algo non entendes
Derriba o muro que pecha a túa mente
Comeza a amar a toda a xente
Se seméntalo odio a unha relixión
só che deixa oco á discriminación
crendo que non hai máis cunha nación
non hai alternativa á destrución
Refrán
Hai que ter presente o século pasado,
xa sei que doe, non mires a outro lado,
pouco faltou pra deixar todo rematado
profesa o amor se che queda algo de humano.
Bótalle un ollo á Galicia emigrante
Ainda será, éche agora, foicho antes
Avós, pais, fillos, son unha constante
Tratalos ben é o único importante.
Refrán
Credits
A que canta ben o refrán: Laura Sánchez Campaña