Cuántico from Despegando by Dolfin Acoustic
Tracklist
7. | Cuántico | 2:55 |
Lyrics
Saio pola porta, toca botellón,
non sei onde acabarei, maldita difracción.
Comezamos a beber, botámos unhos tragos
Habera que ir parando, xa me noto excitado.
Marchamos de alí, chegamos a un bar
parece un bo sitio pra me deslocalizar.
Choco contra tí, preguntalo meu estado
digo sen pensar que desapareado.
Refrán
---
Sonche un tipo cuántico
Teño medo a colapsar.
Chiquitinban...(Improvisado)(x4)
---
Sigo o meu camiño, inténtasme observar
demasiada incertidume no momento e no lugar.
Xente no local, estache abarrotado
dentro de pouco seremos un condensado.
Fun por uns chupitos, ao final da barra
destruían máis recordos dos que creaban.
Óllasme outra vez, con certo descaro
cúndeme ir por libre, non me mola andar ligado.
Refrán
A cabeza dame voltas, comezo a xirar
póñome en liña con tódolos demáis.
Ondas musicais forman a canción
e xeran entre os corpos certa interacción.
Poste a operar, buscando o intercambio
sintocho ben; pero vou finiquitado.
Tiña que sair, era fundamental
paseime do nivel, agora estou fatal.
Refrán