Adeus, adeus from Despegando by Dolfin Acoustic
Tracklist
10. | Adeus, adeus | 3:18 |
Lyrics
Recordo cando comezou,
non había nada escrito.
Estaba todo por dicir.
Pouco a pouco,
o tempo foi fuxindo.
E chegamos ata eiquí.
Refrán
---
E agora sei que xa rematou,
que non me queda nada por facer
e imos dicindo adeus, adeus.
---
Cada un dos momentos,
atópase ben gardado.
Non quero deixalos a un lado.
Xa sexan bos ou malos
forman parte dun pasado.
Que me trouxo ata eiquí.
Refrán
O fin parece que chegou
xa o estaba desexando.
Pois xa me notaba canso.
Dun tempo a esta parte
estábame atormentando.
Sorte que xa estou eiquí.
Refrán
Este violento vento
semella que me endereza
a pesares da súa incerteza.
Un novo camiño
atópase diante de min.
Dou as gracias por estar eiquí.
E agora sei que xa comezou,
que aínda me queda todo por facer
e imos saudando outra vez.