🔗 ⚙️

Polichinela from Con grelos by Airiños da Freba

Tracklist
8.Polichinela3:49
Lyrics

En xulio e agosto chegan elegantes
ás nosas aldeas os veraneantes.
Cos seus coches novos,
guapos sen igual,
baixan ventanilla e din:
“Hola, ¿qué tal?”

Cata, catapún, catapún, puncandela,
saca a parrilla, Polichinela!
Cata, catapún, catapún, catapún,
como os bonequiños fan o pin, pan, pun!

Andan polas feiras e polas romarías,
van come-lo pulpo en grande compañía
e quitan carteiras
con gran discusión:
“¡Déjale al abuelo, que le hace ilusión!”

Cata, catapún, catapún, puncandela...

Cando vas cruzarte cun coche flamante,
perigo!, que chega o veraneante.
Vai no medio e medio,
non sabe orillar,
bótate pra fóra:
“¡Ay, qué estrecho está!”

Cata, catapún, catapún, puncandela...

Credits
from Con grelos, released September 12, 2020
LicenseAll rights reserved.
Tags
Recommendations